Alumnado do CEIP Parada Campañó

Onte, co día coloroso que estaba, fomos de roteiro para ver uns muíños de cubo. Ao chegar, cansoso e suados, tivemos unha boísima sorpresa. Unha moza, moi querida por nós, escribíranos unha fermosa carta. Todos os nenos/as levaron fotocopia do manuscrito. Grazas por todo e bo verán !

gústameA 5 persoas gústalles isto.
Palmira

oOOo! non vira isto, collinme unhasvacacións dende o día 20 e non o vira!
Encántame, mimadriña querida!
Sodes moito! O dito, sede felices e pasadeo ben!

identifícate para comentar
Palmira

E despois duns días descansando, pensado en todo o falado, vivido e sentido, aquí tedes as fotos da derradeira sesión do Ponte a Londres que tivo como anfitrións á rapazada do Colexio Campañó de Pontevedra e o seu profesor Moncho que viviu isto con tanta emoción.

Aquí déixovos unha selección dos centos de fotos que sacamos durante estes meses http://mimadrinha.com/2014/05/a-despedida-do-ponte-a-londres-e-a-repotaxe-do-que-foi/

Aquí deixo tamén a reportaxe que nos fixo o programa de A Revista da TVG onde queda ben clariño que foi e que é Ponte a Londres.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-823835

Para min supuxo moito, máis do que a estas alturas eu podo expresar nesta loucura de mes de maio, supoño que co tempo irei repousando o vivido e chegarei a conclusión e avaliacións deste proxecto e do blog, sigo ca sensación que é un punto seguido e que haberá máis, pode ser.

gústameA 3 persoas gústalles isto.
Sen comentarios
identifícate para comentar
Palmira

Ola rapazada! Xa pasaron unhas semanas dende que vivimos ese bonito día! E eu sigo a ter a sensación de que isto non rematou, así que hoxe vin isto e acordeime de todos e todas, e sentín a necesidade de compartilo, así que aquí queda!

Tedes que premer na imaxe de arriba para acceder o vídeo!

gústameA 3 persoas gústalles isto.
Sen comentarios
identifícate para comentar
Alumnado do CEIP Parada Campañó


Isto é o que gravamos aquel fermoso día do 15 de maio no noso Colexio. Disfrutádeo.

gústameA 4 persoas gústalles isto.
Sen comentarios
identifícate para comentar
Palmira





Ponte a Londres -o documental-
despois de meses de conversas, emocións, contos e algunha que outra trangallada, aquí está o resumo.

Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo.

Ponte a Londres é un documental pequeno, feito por xente pequena, rapazas e rapaces dos colexios de lugares pequenos coma Xeve, Lerez e Campañó do Concello de Pontevedra, que queren cambiar o mundo de maneira sinxela, que queren reivindicar o valor do galego, a nosa lingua, a nosa cultura, a paisaxe, as cousas que conforman a nosa identidade, o noso sentir.

Vivan os colexios de lugares pequenos!

Somos coma un pendello, unha pequena construción pegada normalmente á casa labrega, cuberta solo polo tellado, coma os soños, e que sirve para gardae ferramentas de traballo para o futuro que virá.

Grazas a todas e a todos, ó profesorado do CEIP San Benito de Lérez, CEIP Santo André de Xeve, CEIP Parada-Campañó do Concello de Pontevedra e o Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, sen eles e o seu traballo, nada sería.

Grazas tamén a toda a xentiña que nos seguiu no blog pontealondres.eu e ás súas colaboración neste documental.

Grazas a "Muy", Francisco Muíño Aragón que levounos xunto os cabalos da Serra do Galiñeiro.
Víctor Gonzalez que nos falou de Software Libre e amosou as súas abellas de Pedreda, en Lugo.
Etel Bande, que enviou pedaciños da súa terra, o seu canastro. e as vacas de Rosa dos da Gándara en Garabelos, en Bande, Ourense.
Grazas a Almudena Valiñas de Avión que amosou como era un serán.

Grazas a todas as persoas que apareceron neste blog.
Grazas a Carlos Nuñez e a Caxade pola súa música e agarimo.

Xa sabedes!
moita xente pequena, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos, poden!
Viva o Ponte a Londres!

gústameA 10 persoas gústalles isto.
Sen comentarios
identifícate para comentar
Alumnado do CEIP Parada Campañó

O día 7 de maio inauguramos a nosa nova Biblioteca. Chamámoslle Rufiteca porque nela vive a nosa mascota lectora, Rufiño. Inaugurarémola enteira para o vindeiro curso, pero agora xa a usamos para empréstitos e devolucións de libros, sala de lectura e traballo escolar... A decoración aínda non está completa pero estamos moi orgullosos do traballo que levamos feito os de 6º coa magnífica árbore da entrada.

Enviámosvos o vídeo da inauguración e como o pasan de ben na Rufiteca os nenos e nenas do noso colexio.

Esquecinme de poñer o autor da música: "Cinematic Beautiful Emotional Classical Piano Theme Soundtrack 016" da fermosísima páxina de Jamendo.

gústameA 7 persoas gústalles isto.
Sen comentarios
identifícate para comentar
Palmira

Rapazada!
Xa queda pouquiño para a nosa derradeira sesión, cargadiña de boas sorpresas!

O colexio de Campañó está así, traballando arreo para...

gústameA 7 persoas gústalles isto.
Alumnado do Instituto Vicente Cañada Blanch

Ola ! Gustoume moito as decoracions que fixeron moi creativas e orixinais. Seguro que pasarono moi ben decorando o colexio. Nós tamén estivemos pintando e decorando o noso colexio.

Laura de Londres.

Alumnado do Instituto Vicente Cañada Blanch

Ola!
Encantoume a decoracion que elixiron os rapaces do colexio de Campañó. Seguro que quedou xenial!
No meu colexio estamos facendo un concurso da mellor clase, asi que pintamos e decoramos a
nosa clase. A clase gañadora irá ao teatro!
Ata logo!
Zoe de Londres.

Alumnado do Instituto Vicente Cañada Blanch

Gustoume moito a decoracion e como todos colaboraron para decorar ao colexio, se ve moi bonito e seguro que quedou estupendo.

Manuel de Londres.

identifícate para comentar
Palmira

A min gústame o galego!
E xa sabedes que gústame soñar!

Soñades en galego?

gústameA 7 persoas gústalles isto.
Sen comentarios
identifícate para comentar
Víctor

http://ilg.usc.es/cag/Controlador?busca=CASTRO

E outra máis hoxe. Nesta páxina podedes ver canta xente hai en Galicia co vos apelido. É moi sinxelo, ides á páxina (http://ilg.usc.es/cag/) escribides o voso apelido no recadro e dádeslle a 'intro' ou á lupa, e apareceravos un mapa como o da imaxe que puxen eu. No mapa, canto máis vermello aparece unha localidade significa que máis xente hai con ese apelido, e á esquerda pon o número total de persoas coas que compartes apelido.

Por exemplo, o meu apelido 'Castro' téñeno en Galicia 60.607 persoas. Cantas persoas hai en Galicia co voso mesmo apelido?

gústameA 4 persoas gústalles isto.
Alumnado do Instituto Vicente Cañada Blanch

Ola! Eu chamome Laura Porras os meus pais son de Colombia e o meu apelido sae en seis concellos de galicia, hai 100 persoas en Galicia con meu apelido. O segundo apelido do meu pai é Castro tamén.

Laura de Londres

Alumnado do Instituto Vicente Cañada Blanch

Ola!
O apelido de meu pai, Mújica é venezolano, e o número de ocorrencias en Galicia e en total 20. O apelido de minha mai, Ojeda, que é canario, o ten 88 persoas en Galicia.
Ata logo!
Zoe de Londres.

identifícate para comentar
Víctor

http://www.realacademiagalega.org/figuras-homenaxeadas

E mentres Palmira vos sigue poñendo vídeos da última sesión para que vaiades coñecendo aos outros coles, eu volvo coas ferramentas en galego que temos na rede. E volvo coa páxina da Real Academia Galega (http://www.realacademiagalega.org). O outro día falábavos do dicionario, pero na súa páxina hai moitas cousas máis. Por exemplo, podemos coñecer a historia das Letras Galegas e todos os homenaxeados/as, que é o que vos poño arriba, unha captura onde sae Rosalía. Recordádeo para cando teñades que facer un traballo para a escola ou vos interese saber máis sobre un autor/a que escoitaches nalgures.

Sabiades que tamén podedes ler libros en galego enteiros na súa páxina. Aquí podedes entrar no seu catálogo, e procurar por autor: http://www.realacademiagalega.org/biblioteca-virtual#MainPage.do?letter=R

Por exemplo, un poema de Rosalía de Castro de «Cantares Gallegos»: http://www.realacademiagalega.org/Biblioteca/GetPageById.do?id=CaGa++++1&orde=2&format=0

Sabiades que no mundo enteiro existen 5.500 linguas? E que o galego está no posto 160 por número de persoas que a falan? Se o falan ata en Londres, normal. E sabiades que o galego está entre as 30 linguas máis utilizadas en Internet en todo o mundo? Pois así é, esta información está na páxina da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/datos-uso

Xa sabedes a que páxina tedes que ir cando queirades información da lingua galega. A páxina está xenial.

gústameA 5 persoas gústalles isto.
Sen comentarios
identifícate para comentar
Algún comentario?